O Concello de Ourense apraza o Enterro da Sardiña ata o sábado ás 20:00 horas

O Enterro da Sardiña será este sábado, 9 de marzo, ás 20:00 horas.

Co obxectivo de garantir a seguridade e o correcto desenvolvemento deste acto e ante as previsións de intensas choivas en torno ás 20:00 horas, cando estaba previsto o seu inicio, o Concello de Ourense trasladou o último acto das Festas do Entroido para a fin de semana.

Así, a concentración do cortexo fúnebre que acompañará a Sardiña ao longo do percorrido terá lugar o sábado, 9 de marzo, a partir das 20:00 horas.

A procesión manterá a mesma ruta que estaba prevista para hoxe. Sairá da Praza Maior, e atravesará Lamas Carvajal, a rúa do Paseo, Santo Domingo, Lepanto, Xoán de Austria, a Praza de Santa Eufemia, Lamas Carvajal e rematará na Praza Maior coa queima da Sardiña.

Comparte!!!

Relacionados