A cidade en imaxes: A xogar! xa ten gañador : Carlos Andrés Pereira

O concurso de fotografías A cidade en imaxes: A Xogar! xa ten gañadores. O primeiro premio -dotado con 800 euros- foi para Carlos Andrés Pereira. O xurado valorou na súa imaxe “1-concurso” a localización, nunha zona céntrica da cidade recuperada para as persoas e o feito de que sexa unha imaxe dinámica, tecnicamente ben realiza e que salienta o ámbito urbano.

A primeira edición do concurso está incluída no proxecto A cidade en imaxes que promove o Concello de Pontevedra, a través da Concellería de Promoción da Cidade e Taller Abierto. É unha iniciativa vencellada ao modelo urbano dos nenos e nenas que somos, de feito a temática do certame fotográfico xirou arredor de como as nenas e os nenos viven o espazo público de Pontevedra, co obxectivo de recoller testemuñas da calidade de vida e a autonomía da cativada na nosa cidade.

Ademais do gañador, o xurado premiou con dous accésits a:

  • Anna Jarque Abizanda, pola foto “Asustando gaivotas”, na que valorou o dinamismo da imaxe, a súa calidade técnica e a localización na Illa das Esculturas.
  • Marta Comesaña Pena, pola foto “Rúa San Nicolás”, na que valorou a espontaneidade, a calidez e a variedade no uso do espazo para o xogo.

 

Comparte!!!

Relacionados