Na súa base un banco de pedra de grandes dimensións apóiase no seu fuste, inclinándose o tronco nesa dirección, parecendo apoiarse no banco. O fuste está aberto pola metade desde a base ata a cruz, amosando unha enorme fenda na que se observa madeira morta e moitas galerías de insectos cerambícidos. A casca está densamente recuberta por brións, couselos e fentas. Da cruz, situada a 3,40 m de altura sobre do chan, saen dúas grandes ramas que forman unha copa de grandes dimensións, máis de 21 m de diámetro, máis…
Ver+