Ourense aproba a cesión temporal dun edificio no centro histórico para instalar o Museo dos Bolechas

O Concello de Ourense aprobou a cesión temporal á Diputación de Ourense dun edificio do centro histórico da cidade (rúa Cervantes, número 23), para a posta en marcha do Museo dos Bolechas. “Este é  un novo paso no proxecto deste Grupo de Goberno por converter esta zona nunha contorna viva e dinámica”, sinalou a concelleira de Recursos Humanos e Persoal, Flora Moure, na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno Local.

Flora Moure foi a encargada de informar dos 29 temas tratados esta semana, en substitución do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que está a participar nas actividades de promoción turística da nosa cidade na Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR.

“Este museo será un novo punto de atractivo, neste caso para os máis novos da cidade, pero tamén para a cativada chegada dende toda Galicia, que se suma ás importantes dotacións que puxemos en marcha neste mandato: como o recentemente inaugurado albergue de peregrinos, o máis moderno da Vía da Prata”, explicou a concelleira de Recursos Humanos e Persoal.

O futuro museo ofrecerá unha superficie total de 275,79 metros cadrados, que estarán distribuídos en tres plantas, planta baixa e planta baixo cuberta. A cesión, froito do acordo de cooperación firmado entre ambas institucións en novembro de 2016, será por un período máximo de 25 anos.

Comparte!!!

Relacionados