Ata finais do mes de xaneiro a Casa dos Poetas acolle unha mostra cos traballos realizados no Taller de Ilustración 2.0 impartido por Katharina Ojea no mes de agosto.
Os traballos dos participantes, con idades comprendidas entre os 11 e 17 anos, poderanse ver de martes a venres de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 na rúa Curros Enríquez número 37 de Celanova.
Trátase duns trinta traballos que dan mostra das xornada dedicadas ó traballo sobre a figura humana, realización de retratos, traballo de figuras animais, caricaturización e creación de personaxes para cómic. Entre as caricaturas destacamos os traballos realizados en torno a figuras relevantes no ámbito das letras galegas como Manuel Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Ramón del Valle-Inclán, Ramón Cabanillas ou Concepción Arenal.