Campionato Galego de Voleibol Infantil Feminino. Pontevedra

O voleibol ábrese paso no deporte pontevedrés. O vindeiro sábado 13 de abril, Pontevedra acolle unha nova competición desta disciplina: o Campionato Galego de Voleibol Infantil Feminino. Será no remodelado Pavillón Multiusos da Xunqueira que se estrea con esta cita como sede de competicións oficiais de ámbito galego.

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro convidou hoxe á veciñanza a achegarse ao Multiusos para animar e gozar desta “festa do voleibol”. Ao seu carón a presidenta do Club Voleibol Pontevedra, Patricia Valcárcel e Ramón Bañe, representante da Federación Galega de Voleibol.

48 xogadoras, dos catro mellores equipos da liga regular de voleibol, saltarán á cancha coa vista posta no premio: o pase ao Campionato de España de Voleibol.

Comparte!!!

Relacionados