Semana Santa 2019. Visitas ao Museo de Pontevedra

Durante esta Semana Santa o Gabinete Didáctico vai realizar un programa de visitas guiadas pola colección do Museo para aquelas persoas que desexen facer unha primeira aproximación ás obras máis representativas expostas nos edificios Sexto e Sarmiento.

Ademais de percorrer algúns dos fitos da arte galega, a visita incluirá a pequena mostra dedicada a El Greco que de forma temporal se expón no Museo, tendo como protagonista o cadro Retrato dun médico, depositado polo Museo del Prado.

Do domingo 14 ao domingo 21 de abril (luns pechado)

De martes a sábado: 12 h e 18 h

Domingos e festivos: 12h

Duración: 75 minutos aproximadamente.

Punto de encontro: Sexto Edificio

Sen inscrición

OUTRAS VISITAS

Ademais desta visita especial, séguese a realizar a visita específica centrada na exposición De xira por España. Bicentenario do Museo Nacional del Prado que se realiza os sábados ás 18 h e a visitas ás Ruínas de San Domingos. Esta últimas realizaranse os domingos e festivos ás 12 h e de martes a venres ás 17:30 h.

Para estes dous últimos itinerario tampouco se precisa inscrición, agás os grupos que han de solicitar cita previa e poden realizar a visita noutro horario.

Outro itinerario no que poden participar as persoas que o desexen, os sábados ás 11:30 h, é a A ruta do Museo, un roteiro no que a historia dos seis edificios que compoñen o actual Museo e a súa arquitectura son os eixes principais. Para participar nesta última visita é necesaria a inscrición previa a través do enderezo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ao teléfono 986 804 100 extensión 42413 (O horario de atención de chamadas e de correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30 h).

VISITAS DE GRUPOS ORGANIZADOS

Para visitas guiadas en grupo hai que contactar previamente co Gabinete Didáctico.

Comparte!!!

Relacionados