Restauración da Ponte de Comboa. Soutomaior

Foto: Concello de Soutomaior

Unha actuación destinada a poñer en valor un símbolo do patrimonio cultural e histórico de Soutomaior.

Os primeiros traballos comezaron coas tarefas de recuperación da contorna da ponte. Con eles preténdese recuperar a contorna ambiental orixinal do enclave, polo que se eliminaron as especies de flora consideradas invasoras, como a acacia ou a mimosa, para potenciar as especies autóctonas, como o carballo ou o bidueiro.

Unha vez terminada a recuperación ambiental da marxe esquerda, empezaron as primeiras tarefas de restauración na ponte, centradas na limpeza da parte superior do conxunto e a retirada da capa de asfalto que cobre a calzada orixinal. Unha vez retirada procederase á limpeza de todo o conxunto mediante métodos manuais. Estes traballos realizaranse con produtos xabonosos neutros e non abrasivos que garantan a prefecta conservación de todos os elementos orixinais da ponte.

A continuación, e seguindo as directivas de Patrimonio, instalarase o pavimento de jabre para garantir a súa integración total coa estética do conxunto.

Ademais, aproveitaranse os aliviadoiros propios da ponte de maneira que tamén se recuperará o sistema orixinal de drenaxe da calzada. Os traballos estarán finalizados nas próximas semanas xa que se trata dun proxecto complexo e afrontado unicamente co orzamento municipal

Comparte!!!

Relacionados