Victor Hugo escribindo sobre Galicia

Henrique Harguindey  (residente en Cangas) é filólogo e tradutor de francés e galego. Leva máis  de 40 anos buscando e atopando alusións en textos franceses sobre Galicia.

Hai moitas referencias e moi variadas en escritos franceses sobre Galicia, así temos como Alberto de Mónaco (o bisavó do actual monarca do Principado), estudou no século XIX a pesca da sardiña en Galicia, motivado polo esgotamento da mesma en augas francesas, razoando e concluíndo que no caso de Galicia os seus mariñeiros, facían unha explotación máis racional e conservacionista.

Jean Charles Davillier, acompañado do ilustrador Gustave Doré, fala sobre o drama da emigración e o desprezo cara aos emigrantes, recollidos nos “Cantares Galegos” de Rosalía de Castro, e faio nunha publicación de viaxes chamada  Le Tour du monde.

Famosas tamén e xa recollido na nosa Web, as alusións  a Rande de Julio Verne en “Vinte mil leguas de viaxe submarina”.

Neste caso traémos o texto de Victor Hugo traducido por Henrique Harguindey   “Le Petit Roi de Galice” ; “O Reiciño de Galicia”

¬CLICK AQUÍ VER / DESCARGAR

¬WEB DE HENRIQUE HARGUINDEY

Comparte!!!

Relacionados