A petanca ábrese paso no deporte pontevedrés. Hoxe a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, presentou xunto con Raimundo Argibay, portavoz do colectivo de xogadores -máis do 200 no municipio- e unha representación de deportistas a Liga de Petanca 2019 do Concello de Pontevedra. A competición arranca o vindeiro sábado 16 de marzo, no campo das Palmeiras, e estenderase até o 29 de xuño.
Dez equipos participan na competición:
- O Mirador de Monte Porreiro
- Amigos de Campolongo
- Santo André de Xeve
- Centro Social de Pontevedra
- O Pote de Mourente
- O Carballo de Mourente
- Santa María de Xeve
- O Salgueiral de Bora
- Verducido
- Salcedo Norte
A liga non é a única competición de petanca que hai na comarca, ao longo da tempada hai outros tres torneos en disputa:
- 19 de marzo. Trofeo San Xosé “Memorial Fernando Viéitez”, organizado pola Asociación de veciños de Campolongo
- 1 de maio. Trofeo Deputación, organizado polo Centro Social de Pontevedra
11 de xullo. Trofeo San Bieito, organizado pola Asociación O Mirador de Monte Porreiro
Ademais unha festa porá o ramo a tempada de petanca o 31 de agosto, na Alameda,