Pontevedra aplaude a declaración de ENIL do tramo rural do Gafos

A Concellaría de Medio Ambiente Natural aplaude a declaración de Espazo Natural de Interese Local (ENIL) do tramo rural do río Gafos (dende o inicio do termo municipal de Pontevedra até a estación de autobuses) declarado polo Consello da Xunta. Á espera de recibir a notificación oficial por parte da Xunta de Galicia, o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Oubiña destacou que esta declaración supón unha mellor e maior protección para ao río e a súa contorna natural, que o Concello xa viña facendo nestes últimos anos. O empeño do…

Ver+

Avanzan as melloras do Gafos. Pontevedra

As obras de mellora do paseo do Gafos, tanto no seu tramo urbano como rural desenvólvense a bo ritmo. Xa están postas as pontellas e as pasarelas na zona de Tomeza e trabállase na parcela que dá á fachada de María Victoria Moreno. O luns comezan a desmontar as escaleiras que unen a praza de Ponte Boleira co paseo, nun lateral da ponte da avenida de Vigo. A Concellaría de Medio Ambiente Natural xa adiantou que o tempo pode influír no desenvolvemento desta intervención. Non é posible traballar nestes espazos…

Ver+

Proxecto da substitución das escaleiras de Ponte Boleira ao Gafos. Pontevedra

O Concello de Pontevedra iniciará a vindeira semana distintas melloras nun dos principais espazos de encontro da veciñanza da cidade: o paseo dos Gafos. Será a reparación de pontellas e dunha pasarela no tramo do Enil, a substitución das escaleiras de Ponte Boleira, e a mellora paisaxística dunha parcela que se incorporará ao Gafos abríndoo á avenida María Victoria Moreno. Ademais, o Concello trata de engadir outra nova parcela na extrema de María Victoria con Alcalde Hevia. No tramo rural do Gafos substituiranse as tres pontellas e unha pasarela. En…

Ver+

O Río Gafos

O Río dos Gafos é o outro río que desemboca (xunto co Lérez) na ría pontevedresa, na cidade e capital da provincia; Pontevedra. De feito a súa ponte nas proximidades da súa unión co mar, xunto ca Ponte do Burgo do río Lérez foi o que pudo facer   acuñar o termo de “Ad Duos Pontes” á poboación de Pontevedra en tempo dos romanos. Tamén existe a teoría sobre que por un das súas pontes pasaba unha calzada romana que ía de Tui a Padrón; a discusión non está clara e quizá este discorrese pola Ponte do Burgo,…

Ver+

Xardíns incorpora unha nova parcela ao parque do Gafos dende María Victoria Moreno

O Concello de Pontevedra comeza os primeiros traballos para incorporar unha nova parcela ao parque do Gafos, no seu tramo urbano, conectando o paseo fluvial coa rúa María Victoria Moreno. A parcela ten unha superficie duns 380 metros cadrados e está situada na rúa María Victoria Moreno, entre unha vivenda e un taller de coches. A Concellaría de Xardíns pretende crear neste novo espazo -que foi expropiado polo Concello- unha zona de estancia, agradábel, creando unha nova entrada ao Gafos dende a cidade. A parcela estaba abandonada, con valados publicitarios…

Ver+