Praias Fluviais

Toda Galicia, desde o norte ata o sur, dun recuncho a outro, atópase irrigada por multitude de mananciais, arroios e ríos, que lle dan o sobrenome de “A Terra dos mil ríos”. Sendo isto así, son tamén moitas e moi variadas as zonas de baño e esparexemento ás beiras dos nosos ríos, rara é a poboación, desde as grandes ás pequenas, que non conte na súa contorna cun lugar para gozar entre grandes arboledas das augas que discorren por elas.

Dito isto, explicamos que unha cousa son as zonas de baño que tradicionalmente se utilizaron como tal, e outra cousa son aquelas áreas que os concellos ou municipios habilitaron con todos os servizos e controis como zonas de baño.

Consulta no concello onde te atopes ou queiras visitar , de que zonas dispoñen catalogadas como praias fluviais.

Vídeo: A praia fluvial da Calzada está en Ponte Caldelas e é a primeira de España con bandeira azul. Ten 250 metros de lonxitude e recibe 250 visitantes diarios. Báñaa o río Verdugo e está rodeada por un bosque de  castiñeiros e carballos.

Vídeo Praia da Calzada

Comparte!!!

Relacionados