Unha exposición na Historia: ‘Entre Dúas Augas. Pontevedra 1930 – 1940’

(Fonte: Páxina de Facebook Arquivo Municipal de Pontevedra Sotelo)  Todo deu comezo coa inauguración da mostra, no Palacio de Exposicións e Congresos, o día trinta de abril. No entanto, a cousa viña dun gran traballo e esforzo previos que, tal vez, fan da exposición “Entre dúas augas. Pontevedra 1930-1940” a máis ambiciosa promovida polo Arquivo Municipal e unha das mellores, nos últimos tempos, sobre a historia da capital pontevedresa. Os principais “culpables” da iniciativa foron nomes coñecidos: Enrique Sotelo Resurrección dirixe o Arquivo Municipal de Pontevedra desde hai anos. Posúe…

Ver+

Festival Surfing The Lérez 2019. Pontevedra

21 – 22 de Xuño 21 de xuño de 2019 Heredeiros da Crus – Fondo Norte – Malkeda – Selvática 22 de xuño de 2019 Mushu – Basanta – Santi Araujo – Tony Lomba y Eladio Santos – Labretta Suede & The Motel Six – Sex Museum – Holywater – The Lelli’s Kellys – Rayotaser – Ortiga – Anaut – Thee Blind Crows – Familia Caamagno +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Historia das Alfombras Florais de Bueu e do Corpus

Foto: You tube No municipio de Bueu, a celebración da festa do Corpus remóntase ao século XVII. A partir da documentación máis antiga atopada na parroquia –libros da Confraría do Santísimo Sacramento dende 1740-  dedúcese que xa existía con anterioridade. Durante todo este tempo, a procesión que se realiza despois da misa evolucionou moito, tanto no seu percorrido como nos elementos empregados na mesma. Nun principio, o Santísimo limitábase á igrexa, onde había rodas de adoración por parte dos fregueses. Despois, esta ampliouse cunha procesión arredor do adro da igrexa,…

Ver+

Máis de 600 inscritos danse cita en Sanxenxo esta fin de semana no Campeonato de Galicia XCO e o Mini BTT.

Esta mañá, o Concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, e o presidente do Team Corbelo, Iván Pérez, presentaron o V Campionato de XCO que terá lugar en Punta Cabicastro (Portonovo), esta fin de semana. Ademais do campionato, tamén se anunciou a VII edición do MINI BTT Concello de Sanxenxo, que terá lugar no mesmo escenario na xornada matinal. Pola mañá a proba de MINI BTT terá lugar ás 10.30 h e será pola tarde, a partir das 16.30 h. cando se dispute a XCO. Para a primeira das probas hai un…

Ver+

Alcalde e reitor analizan as necesidades do campus da Xunqueira . Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa no marco dunha visita institucional e de traballo que o responsable da institución académica realizou ao Concello. Á reunión tamén se sumaron a concelleira de Universidade, Gloria Blanco, e do vicerreitor, Jorge Soto. No encontro abordaron diversos temas relativos ao campus universitario e á cidade como a necesidade de novos espazos ante a intención do Reitorado de solicitar novos graos para o campus local. De aí que analizasen as posibilidades edificatorias…

Ver+

Festa das Alfombras Florais de Bueu

22 – 23 de xuño A programación inclúe música da man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e a orquestra Johnny Maquinaria, ademais dos tradicionais actos relixiosos e os tapices florais inspirados na música O Concello de Bueu solicitou o deseño do cartel ao artista local Luís Davila, quen o define como “unha composición tipográfica, de vertente pictórica que lembra o espírito das alfombras” Máis de cincuenta alfombras encherán de cor e arte as rúas da vila de Bueu con motivo da celebración da Festa das Alfombras do Corpus,…

Ver+

Castañas Medievais

O autor Heitor Picallo Fuentes (Cuntis, 1974) é unha desas persoas con varias inquietudes, e a súa angueira reflexa paixón. É enxeñeiro técnico naval de profesión, aínda que tamén exerce de investigador, escritor e mesmo ilustrador de libros e publicacións periódicas. A súa obra xa é extensa, pero sobre todo mantén unha calidade evidente. Ten publicado en varias revistas especializadas e de divulgación e tamén en xornais, así mesmo escribiu contos infantís e varios ensaios, o último, anterior ao que vimos falar, trata sobre o Cuntis romano e é realmente…

Ver+

Arte Rueira en Pontevedra

O denominado street art xorde como un modo de expresión artística nas rúas mediante diferentes técnicas: graffiti, plantillas, adhesivos… Este tipo de actividade resulta, a maioría das veces, ilegal aínda que co transcorrer dos anos comeza a gañar espazo, alén do complexo mundo da arte contemporánea, nas iniciativas municipais ou como recurso terapéutico. Non resulta complicado diferenciar o simple acto vandálico do que podería ser unha mostra de arte rueira. A agresión a monumentos ou o simple feito do grafismo sucio e feo en determinados  ambientes son actos recoñecibles e…

Ver+