Cortes nas rúas Pardo de Cela e Progreso polas festas de Ourense

A rúa Pardo de Cela permanecerá pechada ao tráfico desde a noite de mañá venres, 21 de xuño, ás 24:00 horas, até o vindeiro domingo, 30 de xuño, para acoller as atraccións feirais das Festas de Ourense 2019. Instalaranse un total de 24 barracas e 10 postos de venda ambulante ao longo desta rúa, que se converterá así nun dos enclaves de lecer para a veciñanza e moi especialmente para a cativada As restricións do tráfico produciranse en diferentes puntos da rúa: á altura da rotonda do Nexus VI, que…

Ver+

A xunta de goberno local aprobou hoxe a contratación de artistas, infraestruturas para as Festas de Ourense

A xunta de goberno local do Concello de Ourense, constituída esta mesma mañá, aprobou os seus primeiros acordos nunha sesión extraordinaria e urxente celebrada ás 12:30 horas que tiña como finalidade completar trámites necesarios para a realización das Festas de Ourense 2019. Concretamente, aprobou a contratación dos grupos Marea e Izal, así como da cantante Aitana, que actuarán na explanada de Expourense os días 27, 28 e 29 de xuño respectivamente. Na mesma sesión, a xunta de goberno local aprobou a adxudicación da subministración, en réxime de alugueiro, das infraestruturas…

Ver+

As entradas para o concerto de Izal das festas de Ourense xa á venda

A banda Izal, que encheu dous días consecutivos o WiZink Center de Madrid cos concertos de presentación do seu cuarto álbum, Autoterapia, puxo á venda as entradas para o seu concerto en Ourense o luns, 22 de abril, a través da plataforma online Ataquilla.com. As primeiras 500 terán un prezo de 15€. A banda regresa así a Galicia, onde o 23 de febreiro estreara o seu novo espectáciulo no Coliseum da Coruña. Completaron o seu circuíto por Europa con 4 concertos con entradas esgotadas, visitando por primeira vez Suíza (Mascotte en…

Ver+

As bandas Marea e Siniestro Total, primeiras confirmacións no cartel das Festas de Ourense 2019

O cartel das festas de Ourense 2019 comeza a despexar incógnitas coa confirmación das primeiras bandas: Marea e Siniestro Total, dous dos nomes máis senlleiros do panorama rock, que estarán na nosa cidade o xoves 28 e o venres 29 de xuño respectivamente. Os navarros, logo de 7 anos de ausencia, volven “coa xira máis grande endexamais contada” para presentar ‘El azogue’, o seu novo álbum (Adianto: En las encías). O concerto será ás 22:30 horas na Explanada de Expourense, e serán teloneados por Lülu (web oficial). Porén, as entradas poranse…

Ver+