Concertos-Talleres de percusión. Xuventude Redondela

“ELEKTRONIK KONTAINER” é un proxecto educativo que xurde da necesidade de divulgar a cultura musical a través dunha das disciplinas máis atractivas e fascinantes como é o mundo da percusión. Toda persoa toma parte activa; de unha forma ou outra, desde a súa infancia, do contacto cos nosos primeiros sons percusivos. Os máis pequenos apóianse na observación, no interese e na curiosidade por coñecer novos timbres.

Con este plantexamento, confío nunha nova visión deste campo. Adaptándoa a nova era tecnolóxica coa introdución de medios electrónicos e visuais. Dando forma a un proxecto educativo/divulgativo de música electroacústica apoiada con arte visual sincronizado. Este proxecto é fresco e innovador. Contextualizado en música que está continuamente cambiándose, movéndose e renovándose.

Robertoliveira propón unha serie de 3 concertos/talleres de percusión e novas tecnoloxías “Elektronik Kontainer” no Concello de Redondela.

Representacións todas elas con variación de contidos dentro da temática do proxecto e onde da man do artista Robertoliveira tamén farán un análise Sonoro/Visual das obras interpretadas, conseguindo que cada representación sexa especial, irrepetíble e dándolle un maior aporte educativo e cultural o Concello de Redondela.

REPRESENTACIÓN:

“ELEKTRONIK KONTAINER 6 de ABRIL”
17:00H – Auditorio do Piñeiral do Crego de CHAPELA

“ELEKTRONIK KONTAINER 11 de MAIO”
17:00H – Auditorio Multiusos da XUNQUEIRA

“ELEKTRONIK KONTAINER 15 de XUÑO”
17:00H – Auditorio Multiusos da XUNQUEIRA

+INFO. CLICK AQUÍ

Comparte!!!

Relacionados