Redondela, Arcade e Soutomaior

Foto: Adrián Estévez (Estevoaei) – Wikipedia

Chama sobre todo a atención o seu viaduto sobrevoando o centro da localidade; unha estrutura do s.XIX construído en ferro. Esta poboación creceu moito ao estar a medio camiño entre Vigo e Pontevedra. Durante anos foi tamén un importante nó ferroviario.

Ten unhas fermosas praias, sendo a máis famosa a de Cesantes, duns dous quilómetros de lonxitude.
Pode visitar a igrexa de Santiago de estilo gótico e barroco, o Convento de Vilarrela do s.XIX e a Capela do Santa Mariña do s. XVIII. Se estas en Redondela anímate a visitar un conxunto de Muíños en Reboreda, bonito lugar e moi agradable na primavera e verán.

Arcade está moi próximo a Pontevedra y máis aínda a Redondela, é un pobo famoso, sobre todo, polas súas ostras e polos seus berberechos. Ten tamén moi próximo Pontesampaio e a súa ponte romana, e moi coñecido polos seus héroes na Guerra da Independencia.

Moi preto, case ao alcance da man atópase a Illa de San Simón, e contiguo tamén se atopa Soutomaior e o seu famoso castelo medieval, fogar do famoso Pedro Madruga (Pedro Álvarez de Soutomaior).
Esta fortaleza – castelo atópase en perfecto estado, restaurado no seu conxunto, e cun precioso xardín botánico. Ademais de podelo visitar de arriba abaixo, tamén podemos desde el admirar unhas fermosas vistas, e se queremos aloxarnos alí, tamén hai onde facelo na Pousada do Castelo, á beira do mesmo, á beira do xardín botánico.

Vídeo Praia de Redondela-Cesantes e Illa de San Simón

Comparte!!!

Relacionados