O Festival Piano Meeting volverá a Ourense no mes de setembro

Na foto Andrés Suarez

Dirixido por Javier Otero e producido por 70 Mandarinas Comunicación, co patrocinio da Turismo de Galicia, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e de Viaqua, as rúas de Ourense volverán encherse de música ao aire libre da man dos catro pianos que estarán situados noutros tantos lugares emblemáticos da cidade.

“O festival Piano Meeting non só pon en valor a arte do piano, senón tamén a idoneidade da nosa cidade como espazo perfecto para certames culturais que dinamizan o sector. Ademais, supón unha escusa perfecta para visitar Ourense e gozar da mellor música nas súas rúas”, sinala o rexedor.

Tras o éxito acadado nas anteriores ediciones, o festival ven cargado de novidades. Na vertente máis pedagóxica haberá novos obradoiros. Un deles permitirá achegarse á música contemporánea e será impartido polo mestre do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Nicasio Gradaille. O outro, será de iniciación ao Jazz e estará impartido polo pianista Abe Rábade.

Ambos músicos impartirán unha másterclass colectiva para os pianistas elixidos no concurso, tanto polo xurado profesional coma polo público.

Este ano a cita musical aposta por abrir novos horizontes. Neste sentido, e debido ao éxito da colaboración de Guadi Galego na pasada edición, este ano o escenario permitirá gozar do diálogo entre o pianista estradense Javier Otero, e Andrés Suárez, músico que comezou coa súa carreira na rúa e que se suma a vivir a experiencia de interpretar os seus temas acompañado dun piano. Dado o seu poder de convocatoria, este concerto axudará a achegar este tipo de música a un público diferente menos familiarizado co piano.

Comparte!!!

Relacionados