Sanxenxo aposta por mellorar a seguridade vial no entorno dos centros educativos

Dentro do Programa de Seguridade Viaria en centros educativos, está o apostar pola mellora da sinalización das contornas de cada un deles. As áreas de Educación e Policía Local realizaron o informe previo das necesidades de cada colexio. As melloras recollidas no devandito informe afectan a CEIP CRUCEIRO, CEIP NANTES, CEIP PORTONOVO, COLEXIO ABRENTE, IES VILALONGA, CEIP A FLORIDA e ESCOLA INFANTIL O TOMBO.

As obras recollen o repintado e ampliación de pasos de peóns, senllas peonís e zonas de aparcadoiro, ademais de instalación de sinalización vertical ou modificación das caixas de horarios.

Estas actuacións van realizar de maneira progresiva e tendo en conta a situación das vías afectadas, cun orzamento que ascende a 8.125€. As tarefas comezaron no CEIP A Florida e xa concluíron esta semana.

DIRECCIÓNS ÚNICAS.

No mesmo informe da Policía Local detállase a conveniencia de instaurar o sentido único en CEIP CRUCEIRO e Colexio Abrente, Dúas cuestións que están a ser analizadas de maneira máis concreta xa que son medidas que non afectan unicamente á Comunidade Educativa.

No caso de Colexio Abrente fálase dun sentido único que comezaría na estrada da Lanzada (PO -308) intersección con Rúa Río, continua por esta ata Cruceiro de Benitiño, Benitiño, Pombal e finalizando na confluencia coa EP 9206.  Esta iniciativa parte da realidade de que ao Colexio Abrente acceden gran cantidade de vehículos particulares polas vías municipais apuntadas, as cales debido á súa estreiteza en moitos puntos do seu traxecto non permiten cruzarse a dous vehículos simultaneamente, provocando así altercados diarios. Por iso, cun sentido único melloraríase a circulación en entradas e saídas do centro educativo e minimizaríase o risco de accidentes e atropelos.

Por outra banda, Cruceiro recolle a posibilidade de mellorar o acceso ao centro en entradas e saídas cun sentido único Bruñeira- Lagarei- Salgueira- viario interior de Salgueira a Cruceiro. Igual que no centro anterior os viarios municipais son estreitos, polo que contemplan a mesma problemática nos horarios de entrada e saída.

A transformación permanente en sentido único dos viarios próximos a estes centros educativos melloraría a seguridade viaria tanto para vehículos como para peóns nas zonas afectadas.

Comparte!!!

Relacionados