A Festa da Ostra de Arcade (Soutomaior- Pontevedra)

A festa que máis identifica a este municipio de Soutomaior é a Festa da Ostra, que se celebra na parroquia de Arcade o primeiro fin de semana do mes de abril.

Nesta pódense degustar os saborosos moluscos que se crían nas marxes da ría de Vigo. O fitoplactón do fondo da mesma é un factor importantísimo á hora de dotalos dun sabor exquisito que os fai inconfundibles, sendo moi nutritivos pola súa riqueza en sais minerais e vitaminas.

“A ostra é un manxar esencial para abrir unha mariscada.Ten un sabor espiritual, que é como unha añoranza do mar”. Así describe este producto un dos nosos máis famosos escritores, Álvaro Cunqueiro.”.
Así describe este producto uno de nuestros mas famosos escritores, Álvaro Cunqueiro.

A ostra de Arcade é sen dúbida, a máis cotizada do mercado e a pioneira en comercializarse e exportarse fora de Galicia. É de variedade ostrea edulis e se lle recoñece un sabor ligado ás augas nas que se cría, a desembocadura do río Verdugo. Se ben se recomenda o seu consumo en todolos meses, a mellor época para degustalo é abril.

A primeira Festa da Ostra organizouse no ano 1987. A idea partiu dos ostricultores da zona que consideraron como idónea a vila de Arcade para esta celebración, xa que foron os pioneiros no consumo, comercialización e exportación de este molusco, non só a outras partes de España, senon tamén de Europa.

A idea nace coa intención de potenciar o consumo da ostra, xa que ten un importante papel na economía da vila, e de esta forma proxectar a imaxe de Arcade como punto de referencia na producción e comercialización da mesma.

Así, ostricultores, hosteleiros e comerciantes colaboran co concello para a celebración da festa, que hoxe está considerada como unha das grandes da gastronomía galega.

Non é unha casualidade que se escollera o primeiro fin de semana de abril como data para a celebración, xa que en esta época é cando a ostra está nas mellores condicións biolóxicas para a súa degustación.

Ó atractivo que xa ten a ostra, únese nestes días de festa outros actos musicais, culturais, teatrais, etc… que fan que Arcade rebose de animación e alegría.
Tampouco falla o pregón, que cada ano pola mañá inicia as festas.

Esta tradición gastronómica do cultivo da ostra data xa no tempo dos romanos. Por Arcade pasaba a Vía Romana que procedente de Redondela, ia a Pontevedra e Santiago. Moitos eran os que se detiñan a degustar as ostras.

Fai moitos séculos, preparábanse as ostras fritas, que se facían en escabeche e enviábanse en pequenos barrís de madeira á corte madrileña; de apreciado consumo para Austrias e Borbóns. Aínda que hoxe en día, o máis común é comelas ó natural con limón.

Tamén se lle atribúe un valor afrodisíaco e dise que con elas Casanova recuperábase dos excesos amorosos.
Os gregos comían polvo de concha de ostra en momentos de decadencia sexual, e en Atenas votaban escribindo na concha do molusco o nome do político que querían apartar do goberno, e o máis votado era condeado ó ostracismo (100 anos de desterro).

Cultivo da ostra

Cada vez hai menos bancos naturais de ostras nos fondos das rías galegas. O habitual é que hoxe se cultiven en viveiros aproveitando as bateas ou plataformas de cultivo. As ostras inmaduras, tamén chamadas “sementes de ostras”, colócanse en cestos redondos, unhas encima de outras, e se sumerxen na auga ata a súa recolleita, unha operación que necesita en total de dous ou tres anos de espera ata que a ostra adulta alcanza o tamaño comercial (6 – 7 centímetros).

Variedade

A maioría de ostras cultivadas en Galicia corresponden coa variedade plana (ostrea edulis), a máis común ou europea que tamén se atopa nas costas atlánticas, dende Noruega ata o sur de Marruecos, e nas costas mediterráneas, dende Gibraltar e a Costa Azul francesa ata o mar Negro. Aparte de esta variedade, nos últimos anos xeneralizouse a ostra cóncava (crassostrea), e entre as de esta especie, a xaponesa, de apariencia arrugada e tamaño máis grande. En menor medida tamén se introduciu a veciña ostra portuguesa u ostión, de valvas máis grandes e forma alargada e estreita, asi como ostras de orixe grego e turco. A variedade belon, procedente da poboación bretona Riec-sur-Belon, é considerada a de maior calidade e se clasifica según o seu peso.

Conservación

Teñense que mercar sempre pechadas, xa que é un indicativo da súa frescura. Unha vez adquiridas conven colocalas coa parte da concha cóncava apoiada na bandexa ou recipiente ata o momento de abrilas para que non perdan auga. É convinte, ademais, rodealas cun trapo húmido e mantelas nunha temperatura entre 2 e 8 grados, por exemplo, no caixón das verduras do frigorífico. O interior da ostra debe estar cuberto de auga e é convinte descartar as que estén secas.

Preparación

No momento de consumilas hai que abrilas cun coitelo especial corto e ancho. Recoméndase abrilas polo lateral e ainda que os expertos recomendan comelas crudas para que non perdan sabor, é habitual votarlles unhas gotas de limón. Tamén poden cociñarse, añadindoas a guisos ou sopas, cubrindoas con salsas cremosas ou pódense preparar ó gratén ou ó vapor aderezadas con aliños asiáticos. Fora da súa concha, tamén se poden freir en abundante aceite e pocharse. En Galicia, ademais de crúas, prepáranse tamén rebozadas en fariña de millo e fritas ou escabechadas.

Fonte: Concello de Soutomaior

Comparte!!!

Relacionados