Cursiños de formación para os voluntarios/as do Mundial de Tríatlon. Pontevedra

O prazo para anotarse como voluntario/a para o Mundial de Tríatlon Pontevedra 2019 está aberto até o vindeiro 31 de marzo. As persoas interesadas só teñen que rexistrarse en: https://pontevedra2019.org/itu/voluntariado/registro-de-voluntarios/

Co fin de mellorar a atención que poidan dar, ofréceselles as persoas xa inscritas os seguintes cursiños de formación:

  • Deporte e Cultura, Información turística da Cidade.

Venres, 22 de marzo. Horario de 17.00 a 19.00 horas

Lugar: praza da Verdura

Obxectivo: ampliar os coñecementos sobre a cidade, as súas curiosidades e patrimonio. Ademais aproveitarase a ruta para difundir o servizo de Voluntariado. Os minios volven á rúa.

  • Inglés deportivo

Sábado, 23 de marzo. Horario de 11.00 a 13.00 horas

Lugar: Centro Social Gorgullón

Obxectivo: mellorar a comunicación en inglés co fin de acoller mellor a quen nos visita.

Comparte!!!

Relacionados