O Centro Arqueolóxico Salinae é a única salina romana de evaporación solar que foi conservada e musealizada do Imperio Romano. As salinas foron descubertas en 1998 durante as escavacións da construción dun centro de saúde do Sergas. A intervención arqueolóxica estivo a cargo de J.C. Castro Carrera, da empresa Anta de Moura S.L. Decidiuse modificar o proxecto do centro de saúde para conservar e musealizar o xacemento, para o cal se investiron 1,4 millóns de euros. O proxecto do centro paralizouse en 2001 e, non foi ata finais do 2008…
Ver+