Foto©Porgaliciabaixo
Estámos no municipio de San Cristovo de Cea.
Téñense noticias deste mosteiro, polo menos desde 1137, foi un dos mosteiros máis poderosos de Galicia, ampliando o seu radio de influencia e posesións ata chegar a Portugal. É da orde cisterciense e da Igrexa na súa primeira etapa, a máis grande desta orde de toda España.
A súa planta está construída en forma de cruz latina e ten certa influencia e reminiscencias da catedral de Santiago de Compostela; os teitos da bóveda de canón apuntado.
Como dixemos, foi especialmente poderoso e influente, en todos os sentidos, e tamén no económico, o que lle permitiu ampliar e construír as súas instalacións, contando con abades como Frei Marcos do Barrio, que contribuíron especialmente neste espírito construtivo.
De todo iso derivan importantes estancias, por exemplo, a coñecida como “a das palmeiras”, a Escaleira de Honra ou o Claustro Regular ou Procesional.
Fotos©Porgaliciabaixo
Entre a historia de desgrazas deste mosteiros, cóntanse o gran incendio que sufriu no sigloXVI; xa na súa decadencia sufriu a desamortización de Mendizabal, que lle afectou moi especialmente.
Despois de sufrir un prolongado abandono, foi de novo recuperado e reconstruído.
Neste momento, pode ser visitado atopándose en moi bo estado, gozando do seu rico patrimonio e da súa fermosa contorna natural.
O seu interior era tan rico que algúns das súas pezas leváronas do mosteiro en decadencia a outros lugares, como a fonte que podemos admirar na Praza do Ferro en Ourense cidade., entre as rúas de Santo Domingo e a catedral da capital do Miño.