Campamento de verán de ESO a Mondariz. Concello de Sanxenxo

Desde o próximo 23 de abril ata o 15 de Maio, todos aqueles nenos e nenas de Educación Secundaria Obrigatoria que estean interesados en participar no campamento de verán, poderán inscribirse para solicitar a súa praza. O campamento farase do 23 ao 26 de xullo en Mondariz.

No campamento poderán realizar actividades como tirolesa, rocódromo, kaiak, wakeboard, hípica, pádel surf e moitas máis.

O prezo do campamento será de 180€ e para máis información ou para formalizar a inscrición poderá solicitarse no Pazo Emilia Pardo Bazán, de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h, ou no teléfono 986.72.79.36

A folla de inscrición poderase descargar na web do Concello ou recoller no propio Pazo. Haberá que entregar unha fotocopia do DNI, do participante e do seu representante legal, así como unha fotocopia da tarxeta universitaria do adolescente.

 

Comparte!!!

Relacionados