1º Certame de Regueifas do Concello de Sanxenxo

Hoxe pola mañá tivo lugar no auditorio do pazo Emilia Pardo Bazán, o I Certame de Regueifas do Concello de Sanxenxo, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES Sanxenxo en colaboración cos Equipos de Dinamización Lingüística do IES Vilalonga e Colexio Abrente.

A idea é achegar a poesía, a regueifa e a improvisación dunha maneira lúdica ao alumnado dos centros de secundaria do municipio coa finalidade de fomentar a oralidad, a creación artística, eliminar prexuízos lingüísticos e recuperar a regueifa como unha tradición propia e un medio de achegamento de aprendizaxe da poesía.

Previamente desenvolvéronse nos diferentes centros dúas xornadas de obradoiros para ensinar ao alumnado a técnica necesaria para a composición das regueifas e o uso da improvisación.

O encontro de hoxe serve para, dentro dunha xornada de intercambio, poñer en práctica todo o aprendido e poñer en valor a nosa cultura popular.

Este proxecto conta co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Comparte!!!

Relacionados