Obradoiro de Poesía Visual na Casa dos Poetas. Fundación Curros Enríquez. Celanova

A Casa dos Poetas acolle os sábados 9 e 16 de febreiro un “Obradoiro de poesía visual” impartido polo gravador Xosé Poldras. Cunha duración de dúas horas por xornada (16:30-18:30) traballarase a poesía dos escritores de Celanova en tres partes para acadar unha obra utilizando material de refugallo:

– Proxeción de imaxes modelo para dar a coñecer a poesía visual a través de diversos autores, e debater sobre e a idea de metáfora aplicada a unha imaxe.

– Elaboración de ensamblaxes para seren fotografados combinando obxectos con textos dos poetas de Celanova.

– Retoque dixital en grupo, de cada obra final, para dar unha eventual uniformidade ao traballo, ou o que se considere entre todos, á luz dos resultados.

O aforo da actividade está limitado a 10 persoas polo que é preciso realizar unha inscrición na actividade a través do teléfono 646.026.421 ou do correo electrónico fundacion@currosenriquez.es

Comparte!!!

Relacionados