Festas de San Xosé Campolongo. Programa. Pontevedra

A praza da Constitución será escenario, do 16 a0 19 de marzo, das festas e San Xosé, das festas de Campolongo. Música, obradoiros, xogos infantís, citas lúdico-deportivas e gastronomía son os eixos dunhas festas que se desenvolverán de 12.00 a 24.00 horas “co fin de conciliar a diversión e o descanso da veciñanza”.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou as festas de Campolongo acompañado por Isaac Freire, Alberto Rodríguez, Sonia Pazos e Antonio Gómez. Todos eles lembraron a Fernando Viéitez, impulsor e defensor desta festa de barrio, a única que queda na cidade.

Todos eles convidaron á participación nas festas, que terán no día 19, festividade de San Xosé, a súa xornada central, Para este día están programadas como citas centrais: un xantar tradicional de lacón con grelos e churrasco (a apertura da carpa será ás 12 horas) o Torneo de petanca “Memorial Fernando Viéitez” (ás 17.00 horas) e unha chocolatada popular de balde (ás 18.00 horas).

¬VER / DESCARGAR PROGRAMA CLICK AQUÍ

Comparte!!!

Relacionados