Programa de formación-alfabetización de adultos e de competencias sociolaborais. Redondela

O Departamento de Benestar Social pon en marcha o proxecto Programa de formación-alfabetización de adultos e de competencias sociolaborais, subdividido en: Alfabetización de Adultos, e Preparación das probas libres para a obtención do título da ESA. 

Trátase dun proxecto que comezou coa formación a primeiros do presente mes de febreiro.

O alumnado foi derivado polas traballadoras sociais e educadoras sociais dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos de ambas unidades.

Este ano no grupo da ESA soamente preparáse os ámbitos social e científico-tecnolóxico.

A formación conta con 24 persoas para a preparación das probas libres da ESA e con 40 persoas nas clases de alfabetización de adultos (Grupos en Redondela e en Chapela).

Comparte!!!

Relacionados