A exposición ‘Entre dúas augas’, un percorrido pola historia e vida cotiá da Pontevedra de 1930 a 1940

360 documentos, fotografías, obxectos da vida cotiá… integran a exposición Entre dúas augas. Pontevedra 1930-1940 que hoxe 30 de abril levanta o pano ás 20.00 horas no Pazo da Cultura, onde estará aberta até o 7 de xullo. Os documentos e pezas proceden dos fondos do Arquivo Municipal e de achegas feitas por colaboradores. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou hoxe a exposición ao carón Enrique Sotelo, arquiveiro municipal e Roberto Taboada e Lino Pazos, colaboradores que cederon parte do material que se poderá ver no Pazo e que…

Ver+