Marín; dos petróglifos á Escola Naval

Ten antigas orixes, tense constancia de poboados celtas sobre o s.500 a. de C., na zona coñecida como “Porteliña”, miradoiro natural sobre o Val de Marín e a ría. Doutra banda nesta zona hai presenza de dólmenes importantes, algún con lenda ás súas costas, como o de “Casa dos Lobos” preto de Sobreira, no que se di que no seu interior había tesouros, lenda esta moi común relativa a dólmenes e os “mouros”. Doutra banda en Mogor tamén existen vestixios destas antigas orixes, e podémolos ver nos seus petróglifos; o máis…

Ver+

Como se descobre o Sepulcro de Santiago e empeza a lenda

Foto. Furna de prata onde se cre que repousan os restos de Santiago o Maior, na Catedral de Santiago de Compostela/ Wikipedia/ Le Galicien  Pasaron os séculos en terras pagás, e o cristianismo quedou relegado e con el, a tumba do apóstolo escondida nos densos bosques que o rodeaban. Nos tempos do bispo Teodomiro foron vistas luces no bosque. O propio bispo foi a comprobalo persoalmente e no lugar do que parecía manar toda esta luminosidade, achou unha construción que no seu interior tiña unha tumba; inmediatamente comunicóuselle ao Rey Alfonso “O Casto”;…

Ver+

Pontevedra conmemorará os 850 anos do Foro da cidade

O Concello de Pontevedra celebrará ao longo deste 2019 os 850 anos do Foro de Pontevedra, o documento asinado polo rei Fernando II en 1169 que dá privilexios aos vasalos locais, e que vai conformando os primeiros chanzos do que logo será a esplendorosa vila de Pontevedra. A Concellaría de Cultura será a encargada de pór en marcha unha serie de actividades e actos para conmemorar os 850 anos deste documento, que na actualidade se conserva no Museo de Pontevedra. Está prevista unha publicación na que participan unha ducia de…

Ver+

E ao final do camiño atopámonos con Diego Xelmirez en Compostela

Primeiro arcebispo de Santiago.  O seu nacemento no 1068 non se sabe moi ben se foi en Santiago de Compostela ou Catoira – era fillo de Gelmirio, cabaleiro e entón gobernador, ao servizo do bispo Diego Peláez, das Torres do Oeste en Catoira, polo que é posible que nacese nesta localidade – e falecido en Santiago en 1140 . É moi posible que desenvolvese os seus estudos en Francia, en París e crese que tamén en Cluny (Orde de Cluny), do mesmo xeito que na escola catedralicia de Santiago .  Sábese que tivo…

Ver+

O Castelo de Sobroso

Foto: Wikipedia O castelo de Sobroso é un castelo medieval restaurado no século XX situado en Vilasobroso (Mondariz) No territorio de Vilasobroso foi onde tivo a orixe o antigo señorío de Sobroso, na actualidade marquesado de Sobroso, dende o 18 de maio de 1625. O lugar que ocupa era terra de sobreiras, que lle deron nome ao castelo e á súa vila. Existiu no seu lugar un castro prerromano. As orixes do castelo remóntanse posiblemente á época da expansión cristiá cara ao sur da Península Ibérica, pero a primeira referencia sobre…

Ver+

Antes e logo de Pedro Madruga: A casa de Soutomaior

É a de Soutomaior unha das casas nobres máis coñecidas e antigas de Galicia. Houbo un gran señor en tempos do rei Don Pedro; Paio Sorred de Soutomaior que tivo un fillo Álvaro que á súa vez sería o pai dunha filla que emparentaría coa casa de Ulloa casando con Vasco López de Ulloa, sendo á súa vez a nai de Lope Sánchez, pai do futuro Conde de Monterrei. Gozaban estes señores de Soutomaior de moita influencia no obispado de Tui, eran valentes e gustaban de enfrontarse co obispado de Santiago…

Ver+

Duas Irmás, Dous Territorios: Galicia – Portugal

O rei Afonso VI tivo dúas fillas. Dona Urraca (lexítima) e Dona Teresa (filla natural). As dúas casaron con dous curmáns, os Condes de Borgoña; Ramón con Dona Urraca e Enrique con Dona Teresa.   Don Ramón gustaba das belas artes e da poesía, e xunto con Urraca foron os vicerreis de Galicia, tendo como vila Calda de Reis (de aí o nome de Reis), e precisamente alí naceu o fillo de ambos Afonso Raimúndez o futuro Afonso VII. Teresa e Enrique gobernaban en Portugal no condado de Guimerans, terras…

Ver+