150 intérpretes de entre 18 e 23 anos subirán, ao escenario do Auditorio Municipal. Ourense

Un total de 150 intérpretes de entre 18 e 23 anos subirán, este venres ás 20:30 horas, ao escenario do Auditorio Municipal. Todos estudantes dos Conservatorios Superiores de Música de Vigo e da Coruña, que se reúnen desde hoxe en Ourense para preparar un encontro orquestral e coral que se plasmará na realización de tres concertos, o primeiro deles na nosa cidade, antes de partir cara á Coruña, onde actuarán o sábado 23, e a Vigo, o domingo 24.

“Será unha oportunidade para aprender e para gozar da música”, declarou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad na presentación. “Dúas caras da mesma moeda, a cultura, que sempre nos ofrece un valor engadido”, dixo.

O encontro, baixo o amparo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a través das súas direccións xerais, ofreceralles aos ourensáns a posibilidade de gozar “dunha espectacular montaxe, instrumental e coral”, en palabras de Esteban Valverde Corrales, director do Conservatorio Superior de Música de Vigo, pero tamén servirá para que os futuros músicos intercambien experiencias a través dunha intensa convivencia e o encontro fronte á fronte co público, que pasa por ser “unha das maiores motivacións dos estudantes”, dixo Valverde Corrales.

O Encontro reunirá a aproximadamente a 150 intérpretes que conformarán unha grande Banda Sinfónica con Coro, conducidos polo profesor Juan Carlos Díaz. A entrada é de balde -o despacho de billetes do Auditorio estará aberto desde dúas horas antes do concerto- até completar aforo.

Programa:

Sinfonía No. 3 – Circus Maximus, de John Corigliano (n.1938) 35′

I. Introitus
II. Screen/Siren
III. Channel Surfing
IV. Night Music I
V. Night Music II
VI. Circus Maximus
VII. Prayer
VIII. Coda: Veritas

Five Hebrew Love Songs, de Eric Whitacre (n.1970) 10:30′

I. Temuna (A Picture)

II. Kala Kalla (Light Bride)

III. Larov (Mostly) “Mostly,”

IV. Eyze Shelleg! (What Snow!)

V. Rakut (Tenderness)

Sinfonía No. 4 en Mim Op. 16 (IV. Movemento) de Joly Braga Santos (1924-1988) 20:00′

Orixinal para Orquestra e Coro. Transcrición para Banda de Fernando De Sousa Alves.

Comparte!!!

Relacionados