As carreiras do Mundial de Tríatlon cortan parte do centro histórico dous sábados. Pontevedra

Nestes días está distribuíndose información de afeccións ao tráfico motorizado polos lugares do centro urbano nos que decorrerán as distintas carreiras do mundial Multisport que terán lugar a partires do día 27. En concreto, as que afectan a varias rúas do centro histórico, que quedarán inhabilitadas para ir en coche ou moto. Se ben o percorrido das carreiras é distinto no interior do Centro Histórico, as afeccións viarias serán moi semellantes.

Só dous días veranse algunhas rúas cortadas: os sábados 27 de abril (mañá e tarde) e 4 de maio (só pola tarde), cando as carreiras a pé entrarán no centro histórico para percorrer rúas e prazas, un dos lugares preferidos polos triatletas. A diferenza doutras ocasións, a rúa Cobián Roffignac quedará aberta, pero non como rúa de paso, senón só para servizos de residentes ou garaxes, con saída por Santa Clara e Barcelos. Tanto Cobián Roffignac como Cruz Vermella e Irmáns Sobrino Buhigas quedarán cortadas.

Pola zona do mercado, os arredores desta instalación quedarán libres, con accesos desde a Avenida de Bos Aires, vía que se cortará preto da Ponte de Santiago. Tanto Tirantes como Santiago quedarán cortadas, porque por elas vai o circuíto deportivo. As conexións entre o Estadio do CGTD e o centro histórico realízanse a través das rúas Padre Gaite e Padre Fernando Olmedo, a avenida de Bos Aires (entre Tirantes e Santiago) e os novos treitos peonís de Cruz Vermella.

¬VER / DESCARGAR PLANOS

Comparte!!!

Relacionados