Extension de redes de banda larga de acceso ultrarrápido no Concello do Pereiro de Aguiar

Desde o Concello do Pereiro de Aguiar estase a traballar xunto coa Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado para dotar ao municipio de fibra óptica.

A Xunta de Galicia, co Plan de Banda Larga 2020, e a Administración Xeral do Estado, co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, están a promover de xeito complementario diversas actuacións  no concello de O Pereiro de Aguiar.

Entre 2018 e 2020, a empresa concesionaria despregará  redes ultrarrápidas que posibilitarán servizos de acceso a Internet de máis de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica. Na actualidade están aprobadas subvencións para os seguintes núcleos: REBOREDO, LAMELA (A), VENDA (A), URBANIZACIÓN VEIGA DE ABAIXO , SAN BENITO DA VEIGA, URBANIZACIÓN TAPADA DE BOUZAS, CACHAMUÍÑA e TIBIÁS. En moitas  destes lugares xa se empezaron os traballos.

Desde AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), comunicóusenos que en  novembro de 2018 o Estado concedeu novas subvencións que permitirán servizos de acceso ultrarrápido a Internet nas seguintes entidades: SAN MIGUEL DE CALVELLE, CEBREIROS, LOÑOÁ, CONDADO (O), DERRASA (A), MEDORRA (A), CORTIÑAS, SABADELLE e VILARIÑO.

Comparte!!!

Relacionados