Praias de Marín

O concello de Marín ocupa unha posición intermedia na marxe sur da Ría de Pontevedra, e conta con agradables praias, con excelentes panorámicas sobre este sector do litoral das Rías Baixas. Se comezamos o percorrido desde o extremo occidental do municipio de Marín, atopamos; A Praia de Loira Este resgardado areal, de máis de 400 metros de lonxitude, é moi frecuentado na tempada estival por residentes e visitantes. Praia de areas douradas e finas, e de forma rectilínea, os seus contornos están cheos de sabor mariñeiro. Nas tranquilas augas da…

Ver+

As Praias

Todas as nosas rías teñen infinidade de praias de area dourada e augas transparentes. Sinalamos a continuación as máis próximas a Pontevedra. Tanto ao norte de Poio cara á Ría de Arousa como ao sur cara á Ría de Vigo, existen un sinnúmero de calas e praias maiores e menores sobre as que tamén atoparedes toda a información neste enlace, só que neste caso non faremos unha especial referencia sobre elas –xa que son moi numerosas– así que atopamos máis práctico para que non vos perdades nun mar de datos,…

Ver+