O Gran Balneario do Carballiño

O Gran Balneario utiliza o máis importante dos tres mananciais de augas mineiro-medicinais con que conta O Carballiño. Está situado na marxe esquerda do río Arenteiro, próximo ao Parque Municipal, pero tamén ao centro da vila. Posúe unha magnífica arboleda con carballos centenarios e haxas, que o converten en lugar ideal para descansar.

No centro do recinto atópase o pavillón de agüistas que alberga o manancial de auga medicinal. Brota a unha temperatura de 26º e está especialmente indicada para as afeccións hepáticas, intestinais e otorrinolaringolóxicas.

Ao seu lado atópase a casa de baños, obra do arquitecto Daniel Vázquez-Gulias Martínez, inaugurada no ano 1900, un edificio singular de planta longitudinal de 50 metros, con dous pavillóns de fiestras semicirculares e galería acristalada no seu parte posterior, que dá ao río; sobresae no centro o corpo de entrada con lanterna acristalada no cruceiro e torre almenada por detrás; esta ten tres pisos, con fiestras semicirculares os dous inferiores e adinteladas o superior.
O edificio alberga as principais instalacións do Balneario, renovadas e ampliadas recentemente, con dotación de servizos para baños, duchas, inhalacións e hidromasaxe. Conta con consultorio médico para prescrición facultativa das doenzas e terapia termal.

O Balneario foi de propiedade municipal ata 1933, adquiríndoo a familia Quiroga, á que pertence desde entón.

Vídeo:


 Fonte: Concello de O Carballiño

Comparte!!!

Relacionados