Proxeccións Cine Clube Carballiño 17 e 19 de Maio

Venres día 17 de maio ;  unha das películas máis fermosas desta tempada, a xaponesa Un asunto de familia, de Hirokazu Koreeda. Obtivo a Palma de Ouro á Mellor película no pasado Festival de Cannes, foi nominada aos premios Oscar deste ano e un sinfín de premios e nominaciones máis que dan conta da súa calidade. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS.  Domingo día 19; remata o ciclo do 50 aniversario cunha obra mestra da década dos 2000, 21 gramos. Considerada por moitos como a mellor película…

Ver+

Actividades polo 50 aniversario do Cineclube Carballiño

Haberá unha programación especial co motivo da celebración do 50 aniversario.  O xoves día 2 de maio empezarán os actos na libraría Escolma ás 20.15 horas coa proxección do documental Vigo 1972, que estará presentado polo seu produtor Emilio J. Fernández. A entrada será libre ata completar aforo. Ao día seguinte, 3 de maio, haberá as sesións habituais en venres no Auditorio municipal Manuel María, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. Neste caso  unha das mellores películas do ano, Cafarnaum, da directora Nadine Labaki. Nominada á mellor película de fala non inglesa nos Oscar e nos Globos…

Ver+

Intensa actividade lúdica – cultural no Concello do Carballiño para a Semana Santa

A Semana Santa carballiñesa, ademáis das procesións e celebracións relixiosas que organiza a Cofradía da Veracruz, contará cun amplo e variado programa de cultura e deportes, que foi presentado esta mañá polos concelleiros de Cultura e Deportes, Diego Fernández e Manuel Dacal, respectivamente. Arredor dunha trintena de actividades desenvolveranse ao longo da próxima semana no Carballiño co obxectivo de atraer ao turismo e ofrecer aos carballiñeses e visitantes unha variada gama de alternativas de entretemento. No eido deportivo destacan tres grandes eventos, como son a recuperación da Subida á Saleta,…

Ver+

Proxección ‘ Secretos e mentiras’. Cineclube Carballiño

14 de abril . No Auditorio Municipal Manuel María ás 19:00 horas  Unha das películas do ciclo dos nosos 50 anos, a da década dos 90, Secretos e mentiras, do director británico Mike Leigh. Gañadora da Palma de Ouro no Festival de Cannes, 5 nominacións aos premios Oscar, 3 nos Globos de Ouro, Goya á Mellor película europea…toda unha maravilla de película chea de sentimentos e emocións. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Proxección ‘Infiltrado en el KKKlan’. Cineclube Carballiño

12 de abril . No Auditorio Municipal Manuel María  ás 20:00 en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS.   Última película do director norteamericano Spike Lee, Infiltrado en el KKKlan, gañadora do Gran Premio del Jurado no Festival de Cannes e do Oscar ao mellor Guión adaptado. Baseada en feitos reais, narra en tono de comedia o racismo dos anos 70 no USA. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Os Galegos que construíron a Canle de Panamá

Fotograma documental  da TVE Os galegos sempre polo mundo buscándose a vida; e nesta ocasión non foi diferente. Como dicía Rosalía  ‘Cando van, van como rosas; cando vén vén como negros’. A principios do século XX comezou a obra faraónica da Canle de Panamá; a concesión da mesma estaba en mans dos Estados Unidos. A construción da devandito canle era unha idea que viña de antigo. Carlos I pensara xa niso por cuestións netamente mercantís, logrando así acurtar as rutas existentes entre Ecuador e Perú. Unha vez falecido Carlos I,…

Ver+

Proxección ‘Todos lo saben’. Cineclube Carballiño

Venres día 5 no Auditorio Municipal Manuel María ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS Unha  película de Asghar Farhadi, gañador de dous premios Oscar, Todos lo saben. A película conta cunhas excelentes interpretacións de Javier Bardem, Penélope Cruz e Ricardo Darín. ¬+INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Casting no Carballiño para o programa da TVG ‘ Ti Verás’

A Televisión de Galicia achégase a O CARBALLIÑO en busca de novos concursante para o TI VERÁS.  Será no AUDITORIO MUNICIPAL o MÉRCORES 03 DE ABRIL de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30. ¬INFO DO PROGRAMA CLICK AQUÍ

Ver+

Proxección ‘La mujer de la montaña’. Cineclube Carballiño

 29 de marzo 20:00 e 22:30 horas no Auditorio Municipal do Carballiño Unha estupenda comedia islandesa, La mujer de la montaña, que colleitou  de xeito unánime unhas excelentes críticas así como o favor do público. Premio do público no Festival de Sevilla, a súa protagonista gañou o Premio á Mellor actriz no Festival de Valladolid, ademais de estar nominada nos premios do Cine europeo. Neste caso temos ademais o aliciente de que os subtítulos son  en galego. Os dous pases, 20:00 e 22:30 horas serán en VOS . +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Proxección ‘Isla de Perros’. Cineclube Carballiño

Venres día 22 de marzo Proxección ‘Isla de Perros’ Animación coa que obtivo o Premio ao Mellor Director no pasado Festival de Berlín. A película estivo nominada como Mellor película de animación nos premios Oscar e  Globos de Ouro, onde tamén estivo nominada pola súa banda sonora. Os pases serán coma sempre ás 20:00 en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+