Proxeccións Cine Clube Carballiño 17 e 19 de Maio

Venres día 17 de maio ;  unha das películas máis fermosas desta tempada, a xaponesa Un asunto de familia, de Hirokazu Koreeda. Obtivo a Palma de Ouro á Mellor película no pasado Festival de Cannes, foi nominada aos premios Oscar deste ano e un sinfín de premios e nominaciones máis que dan conta da súa calidade.

Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. 


Domingo día 19; remata o ciclo do 50 aniversario cunha obra mestra da década dos 2000, 21 gramos. Considerada por moitos como a mellor película do mexicano González Iñárritu, está protagonizada por Sean Penn, Benicio del Toro e Naomi Watts e gañou o Premio do Público no Festival de Venecia do ano 2003, no que se estreou.

O pase será ás 19:00 horas.


As proxeccións serán no Auditorio Municipal Manuel María.

Comparte!!!

Relacionados