Nova cita coa historia na cidade de Pontevedra. O sábado 1 de Xuño (dende as 15.00 horas) terá lugar na Illa das Esculturas a quinta edición da Gladiator Race. Cando no 2015 nacía este evento, poucos pensaban que se ía converter nun dos obxectivos da tempada de moitos deportistas galegos. O formato, novidoso na nosa comunidade; a espectacular contorna elexida, a variedade de probas e obstáculos, fai que sexa todo un reto de superación para os participantes: máis de 2200 en pasadas edicións. Este ano haberá tamén novidades mais manteranse…
Ver+