Música para a 56ª Feira do Viño do Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio de 2019, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), presenta as actuacións musicais para a presente edición.

Este ano participarán un total de 38 adegas que ofrecerán os seus viños a todos os visitantes que se acheguen ata Ribadavia durante os tres días do evento e que terán oportunidade de gozar do ambiente que, nos momentos cume como son o aperitivo e a sesión nocturna, estarán acompañados polos seguintes artistas.

O venres día 3 de maio será o grupo “Mad Martin Trío” o que abra o apartado musical, ás 21.30 h, presentando o seu estilo “rockabilly”. Dende o seu debut no 2014 non pararon de tocar por media Europa e toda a xeografía española. No 2015 foron os gañadores en Madrid do concurso “Azkena Rock Party” entre un número considerable de bandas.

O sábado, en sesión viño aperitivo ás 13.30 h, será o turno de “The Pistons”, formación viguesa que realizará un percorrido polos máis míticos grupos rockeiros, ofrecendo un directo con clásicos de The Rolling Stones, Queen, Guns&Roses, The Scorpions, AC/DC e Dire Straits entre moitos outros. Complementará a actuación a DJ “Paula Docampo”, que ten pinchado en festivais recoñecidos coma o Vive Nigrán ou Holi Pulpo.

Na sesión nocturna, a partir das 21.30 h, o sábado actuará “Ortiga”, proxecto en solitario do que ata agora era unha das metades de Esteban e Manuel, no que Chicho traerá as súas (sic) chichas, súas melodías pop, a súa querencia verbenera e esa inapelable destreza para crear un imaxinario sonoro irreverente. Continuará a noite coa actuación do DJ “Isaac Pedrouzo”, o cal ten pinchado nalgunhas das salas, locais e festivais alternativos máis importantes de Galicia, así como copropietario do Café & Pop Torgal, referencia musical da comunidade galega.

Ás 00.00 h, cando peche o recinto da FVR, terá lugar a actuación de “Lagarto Amarillo”, grupo madrileño de pop-rock formado por tres irmáns.

Finalmente, o domingo dende as 13.30 h, o grupo de voces femininas “Ejazz” será o que lle poña o toque musical á xornada. Galardoadas co ​ Premio Martín Códax da Música​ na categoría de grupos vocais e coros (2017) e coa voz como único instrumento, levan percorrendo os principais clubes de jazz, salas de concertos e festivais da comunidade dende o 2012. 

Comparte!!!

Relacionados