Allariz : Pleno ao turismo durante a Semana Santa

A ampla oferta cultural e de lecer ademais do bo tempo fixeron que as rúas de Allariz se encheran durante a Semana Santa.

Así o demostran os miles de visitantes que se achegaron ata Allariz. Preto de 3.500 persoas pasaron pola oficina de información turística, procedentes na súa maioría de Galicia e do resto do Estado, principalmente de Castela e León País Vasco e Madrid, aínda que tamén Castela A Mancha, Asturias e Andalucía. Máis de 130 persoas proceden doutros países como Portugal, Francia e Alemaña e preto de 60 de América. Grazas ao boca a boca e atraídas, segundo explica o técnico Xosé Manuel, “pola marca Allariz” e pola programación que ofrece un formato consolidado que inclúe actividades culturais de rúa ademais de diferentes mercados e visitas guiadas e contribúen anualmente á escolla da visita a Allariz de miles de visitantes.

As expectativas superáronse en canto á ocupación hoteleira, que roldou o 98%, sobre todo nos días centrais, e a hostalería tivo que facer varias quendas de comidas para a todos os comensais.

A rede museística continúa a ser un dos principais atractivos e así o reflicte os datos da venda de entradas. “Preto de 2.000 persoas visitaron os museos .O Museo do Xoguete segue a ser o preferido polos turistas seguido, de igual xeito, do Museo da Moda e o Museo do Coiro. Ademais a gastronomía e a restauración, así como a oferta comercial, centrada nas tendas outlet e nas tendas delicatesen e de artesanía, son tamén reclamos importantes que atraen aos visitantes.  “A Semana Santa en Allariz é un importante motor de dinamización na economía local”, sinalaba a alcaldesa Cristina Cid.

Comparte!!!

Relacionados