Campaña “O que se enchufa, recíclase”. Allariz

Un autobús dos recoñecidos Bolechas e dúas carpas informativas instalaranse, os días 20 e 21 de xuño, na estación de autobuses de Allariz. A iniciativa responde á  campaña “O que se enchufa, recíclase” de concienciación para fomentar a correcta xestión e a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). O xoves e venres instalarase, na estación de autobuses un posto informativo para darnos a coñecer as nosas obrigas e dereitos en relación á xestión e reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos. Ademais o público infantil tamén terá o seu espazo no bus dos BOLECHAS, que colaboran…

Ver+

20 de maio Celebración do Día Mundial da Abella. Festival Internacional de Xardíns de Allariz

O vindeiro 20 de maio a Escola Galega de Apicultura celebrará  o Día da Abella no Festival Internacional de Xardíns de Allariz, cunha actividade que terá lugar nos arredores da Casa dos Polinizadores, un gran “hotel” de insectos ubicado nos xardíns para ofrecer aloxamento a multitude de abellas e polinizadores de diferentes tipos. Alí ofreceranse obradoiros para escolares e público infantil, para que os nenos e nenas aprendan a importancia das abellas no medio ambiente e os múltiples beneficios que nos aportan. As  Nacións Unidas declararon o Día Mundial da…

Ver+

I Escola Sexolóxica de Verán: “Educación Sexual sen medo”. Allariz

O Concello de Allariz, a través do departamento de Igualdade e a colaboración do Instituto de Sexoloxía Incisex, organiza a  I Escola Sexolóxica de Verán en Allariz: “Educación Sexual sen medo”. A Escola, que terá lugar durante os días 17,18 e 19 de xullo, xorde da necesidade, segundo explica a técnica Ana Cardoso, “de debater e cuestionar a educación sexual en torno á adolescencia, como forma de aportar coñecemento que nos achegue a unha comprensión amable e a unha intervención o máis comprensiva posible, fuxindo de ideas antigas para aplicar en…

Ver+

O Fogar do Santiso instálase en Allariz

Allariz conta cunha importante rede hostaleira e parte dela funciona a través da colaboración público privada en forma de concesións municipais como a Pousada Torre Lombarda, o Mesón Portovello ou o Fío do Liño entre outras. A Fábrica de Vilanova, situada a carón da ponte románica, é outra destas concesións, que abrirá no próximo mes de xuño con nova xestión, a do Fogar do Santiso, que traballa en Galicia dende 1966 co obxectivo de por en valor a cultura galega, o rural e as tradicións labregas. O Fogar do Santiso converteuse…

Ver+

O Servizo Complementario ‘ Concilia Verán’ abre a o prazo de inscrición. Allariz

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 13 DE MAIO AO 14 DE XUÑO O Concilia Verán, é unha iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais a posibilidade de que os seus fillos e fillas nas datas de vacacións de verán: xullo e agosto, poidan optar a esta proposta que se pon en marcha dende o concello de Allariz. O obxectivo principal deste programa e o disfrute no tempo vacacional, dos e das participantes , pero sempre dende un punto de vista pedagóxico, no que tanto as…

Ver+

‘Xardíns de Cine’ en Allariz. Estreo o 12 de maio

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abrirá as portas da súa décima edición este domingo, día 12 de maio ás 20:00h. Baixo o tema central “Xardíns de Cine”, o Festival, que poderá ser visitado ata o 3 de novembro, alberga doce xardíns efémeros seleccionados entre 37 propostas recibidas dende diferentes puntos da xeografía mundial. Destes doce, dez xardíns entran en concurso a través da votación do público que visita anualmente o recinto. Móstranse, ademais, o xardíns gañador do ano pasado, o portugués Forbidden Garden e o xardín deseñado polo…

Ver+

Xornadas ao redor do coiro en Allariz

Entre os días 3 e 6 de maio desenvolveranse en Allariz unha nova edición das Xornadas dos Oficios do Coiro. Un encontro que reúne a profesionais, estudantes e afeccionados, que fai posible xuntar as diferentes disciplinas no oficio. No marco da sétima edición realizaranse actividades como obradoiros, demostracións, exposicións e charlas que terán lugar en diferentes espazos da vila. O 3 de maio, ás 20’30h na sala “A Paneira” inaugúrase a exposición “Cada un ve o que sabe” de Juan García Olmedo (Córdoba), unha colección de pezas tridimensionais realizadas coa técnica de “ cuir bouilli”…

Ver+

Allariz no Programa Internacional ReTraCE de formación no eido da economía sostible

O Concello de Allariz será a única organización do Estado que participe no programa internacional  ReTraCE, unha rede de universidades, empresas e organizacións sen ánimo de lucro establecida para formar a investigadores e profesionais no eido  da Economía Circular. A rede reúne a un equipo de expertos e líderes académicos a nivel mundial para lograr avances na comprensión de transición cara a unha Economía Circular (EC) con éxito no contexto europeo tanto dentro das organizacións e industrias existentes como a través de modelos de negocios innovadores e sostibles. O enfoque…

Ver+

Allariz : Pleno ao turismo durante a Semana Santa

A ampla oferta cultural e de lecer ademais do bo tempo fixeron que as rúas de Allariz se encheran durante a Semana Santa. Así o demostran os miles de visitantes que se achegaron ata Allariz. Preto de 3.500 persoas pasaron pola oficina de información turística, procedentes na súa maioría de Galicia e do resto do Estado, principalmente de Castela e León País Vasco e Madrid, aínda que tamén Castela A Mancha, Asturias e Andalucía. Máis de 130 persoas proceden doutros países como Portugal, Francia e Alemaña e preto de 60…

Ver+