‘Na era das APPs, o importante seguen a ser as ideas e as estratexias de cidade’, di Lores no MobLab de Porto

‘Grazas polo seu exemplo, porque aquí estúdase moito e decídese pouco’. Esta foi a frase que serviu a un aisistente para mostrar o seu agradecemento ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores polo exemplo que está a dar Pontevedra para outros municipios acometendo os importantes avances en mobilidade que a convertiron nun exemplo cada vez máis demandado. O alcalde participou no MobLab do Porto, unha das citas sobre mobilidade máis importantes de Portugal, un grupo de discusión no que toman parte urbanistas, enxeñeiros, arquitectos e deseñadores de todo o país. Lores…

Ver+

O MobLab do Porto estuda a redución de coches de Pontevedra

O alcalde participa mañá mércores no MobLab, o máis importante congreso de mobilidade de Portugal, que terá lugar na cidade do Porto, que decorrerá baixo o eslógan “Diálogo entre tecnoloxía, integración e autonomía”. Lores participará na mesa redonda titulada “Porporcionar experiencias e centrar a mobilidade no utilizador”, moderada polo editor da revista profesional “Logística & Transportes”, a publicación de referencia no sector en Portugal. Con el tomarán parte o especialista en mobilidade Luís Reis, e o vereador Adriano Sousa, de Vila Real. A principal proposta do alcalde consistirá nunha reflexión…

Ver+