O MobLab do Porto estuda a redución de coches de Pontevedra

O alcalde participa mañá mércores no MobLab, o máis importante congreso de mobilidade de Portugal, que terá lugar na cidade do Porto, que decorrerá baixo o eslógan “Diálogo entre tecnoloxía, integración e autonomía”.

Lores participará na mesa redonda titulada “Porporcionar experiencias e centrar a mobilidade no utilizador”, moderada polo editor da revista profesional “Logística & Transportes”, a publicación de referencia no sector en Portugal. Con el tomarán parte o especialista en mobilidade Luís Reis, e o vereador Adriano Sousa, de Vila Real.

A principal proposta do alcalde consistirá nunha reflexión sobre o número de coches que deben utilizar a cidade en cada momento, e as consecuencias desta decisión política, xa que se veu demostrando que as cidades con menos coches e máis espazo público teñen mellor calidade de vida e un ambiente máis sano, proporcionando así unha maior calidade de vida aos seus habitantes.

Esta idea enmárcase nun concepto global de cidade para as persoas, que debe ser capaz de compensar o excesivo espazo dedicado ao coche, cunha maior implicación en conseguer máis mobilidade natural.

Comparte!!!

Relacionados