Cortes nas rúas Pardo de Cela e Progreso polas festas de Ourense

A rúa Pardo de Cela permanecerá pechada ao tráfico desde a noite de mañá venres, 21 de xuño, ás 24:00 horas, até o vindeiro domingo, 30 de xuño, para acoller as atraccións feirais das Festas de Ourense 2019. Instalaranse un total de 24 barracas e 10 postos de venda ambulante ao longo desta rúa, que se converterá así nun dos enclaves de lecer para a veciñanza e moi especialmente para a cativada As restricións do tráfico produciranse en diferentes puntos da rúa: á altura da rotonda do Nexus VI, que…

Ver+

A xunta de goberno local aprobou hoxe a contratación de artistas, infraestruturas para as Festas de Ourense

A xunta de goberno local do Concello de Ourense, constituída esta mesma mañá, aprobou os seus primeiros acordos nunha sesión extraordinaria e urxente celebrada ás 12:30 horas que tiña como finalidade completar trámites necesarios para a realización das Festas de Ourense 2019. Concretamente, aprobou a contratación dos grupos Marea e Izal, así como da cantante Aitana, que actuarán na explanada de Expourense os días 27, 28 e 29 de xuño respectivamente. Na mesma sesión, a xunta de goberno local aprobou a adxudicación da subministración, en réxime de alugueiro, das infraestruturas…

Ver+

Actividades deportivas na semana das Festas de Ourense

O Consello Municipal de Deportes de Ourense (CMD) presentou o programa de actividades e calendario de competicións deportivas para o programa das Festas de Ourense, que transcorre desde o 22 até o 30 de xuño. Durante os nove días festivos, o Concello de Ourense aposta por eventos culturais e deportivos nas rúas e instalacións deportivas da nosa cidade. En total, son 15 as modalidades deportivas incluídas no programa, desde as máis populares ás menos visibles ao gran público: kickboxing, wushu, natación sincronizada, hóquei, fútbol, vólei praia, chave, xadrez, atletismo, fútbol…

Ver+

Danza no Claustro de San Francisco nesta semana. Ourense

O Claustro de San Francisco acolle, o xoves e o venres desta semana, a sétima edición de ‘Danza no Claustro’, unha proposta escénica exclusiva na que artistas internacionais e locais habitarán este espazo gótico, e compartindo os seus coñecementos e experiencia. Organizado por Erick Jiménez e Maruxa Salas (Solodos) e coa colaboración da Concellería de Cultura, os espectáculos serán ás 20:30 horas con acceso aberto e gratuíto. En total, son sete as compañías que participarán no Danza no Claustro 2019. Proveñen de España, Portugal, México e Costa Rica, e entre…

Ver+

O proxecto para a rehabilitación das termas da Chavasqueira entra no rexistro do Concello de Ourense

A empresa xestora das termas de A Chavasqueira, Ibernisha SL. vén de presentar no rexistro do Concello de Ourense o proxecto de rehabilitación das termas da Chavasqueira, paso previo necesario para a posta en marcha das obras de recuperación desta infraestrutura termal. A presentación do proxecto realizase case un mes despois do incendio das termas, na noite do 24 de abril. O documento someterase á tramitación dos preceptivos informes municipais e sectoriais necesarios, previos á súa aprobación polo Concello no caso de que estes informes sexan positivos. A empresa concesionaria,…

Ver+

Celebración do Días das Letras Galegas cos escolares en Ourense

A Concellería de Educación do Concello de Ourense celebrou esta mañá o Día das Letras con escolares dos centros educativos na Praza de San Martiño coa representación do espectáculo homenaxe a Antón Fraguas “Os romeiros do caracol”,  de Fantoches Baj, e a entrega de premios do VII Certame de Microrrelato online. O certame, que ten como obxectivo fomentar o uso do galego a través da capacidade creativa dos escolares, tivo este ano tivo por tema “As Mulleres en Galicia”, e contou coa participación de 35 traballos de 8 centros de…

Ver+

Espectáculo ‘Raulidad virtual’, e gravación de ‘Malo será’, nesta semana no Auditorio de Ourense

O humor protagonizará esta semana a programación do Auditorio con dous espectáculos que lle achegarán ao público ourensán o talento de intérpretes tan populares como Xose Antonio Touriñán ou Raúl Pérez. O xoves, o espazo municipal acollerá a gravación de “Malo será”, un programa de humor que se grava nos grandes teatros de Galicia, con público en directo. Consiste nunha sucesión de sketches sobre temas universais, con acenos ás distintas localidades e protagonizados por un elenco de actores e actrices de Galicia, que lidera Marta Doviro, coa compaña dunha banda de música…

Ver+

O Concello de Ourense participa na xuntanza da comisión técnica do proxecto Geoatlantic en Escocia

O Concello de Ourense participa activamente a través da Concellería de Promoción Económica no proxecto europeo Geoatlantic, que aposta por fomentar o desenvolvemento sostible aproveitando as enerxías renovables, Representantes municipais asisten hoxe na localidade de Inveravay, Escocia, á xuntanza técnica do grupo de traballo que ten como finalidade compilar esforzos e iniciativas xunto cos socios europeos do arco atlántico que participan no proxecto, co lema Promovendo a enerxía xeotermal e xeotérmica. O proxecto, aposta por fomentar unha cidade sostible, baseada na utilización das enerxías renovables, e moi especialmente dun dos maiores recursos…

Ver+

Concerto das Letras Galegas. Liceo de Ourense

O Liceo de Ourense vai a celebrar o Día das Letras Galegas o vindeiro xoves as oito da tarde con un Concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón, unha proposta conxunta que mestura cancións propias con cancións populares galegas, un concerto acústico dende o principio ata o fín.  O Concerto está patrocinado pola Dirección Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia.

Ver+