Comeza a campaña a nivel nacional do Entroido de Xinzo de Limia

Despois da aprobación do Entroido, como Festa de Interés Turístico Internacional, mañá comeza a campaña de difusión a nivel nacional coa inserción publicitaria  dunha folla completa no especial que o Pais saca dedicado aos viaxes e que se repartirá en FITUR, ademais da publicación a nivel nacional.

A semana continuará a campaña en outros medios de comunicación nacionais e no norte de Portugal.

O Concello quere aproveitar o fito histórico da denominación precisamente dúas semanas antes de comezo da festa máis importante da vila e pola que agora será coñecida a nivel nacional e Internacional.

Lembrar que a partir de agora, sempre que a marca TURESPAÑA viaxe por todo o mundo e por todas as feiras internacionais estará presente o Entroido de Xinzo.

Fonte: Concello de Xinzo de Limia

Comparte!!!

Relacionados