Romaría de San Benitiño de Lérez… o máis milagreiro

Foto: Wikipedia / Estevoaei

O dia 11 de xullo celébrase esta romaría no Mosteiro de San Salvador de Lérez;  vénse celebrando desde 1929 e está declarada Festa de Interese Turístico Nacional.

Ao longo de todo o día, as persoas acoden a visitar a San Benito para a curación especialmente de enfermidades cutáneas e famoso pola desaparición das verrugas, untándose o aceite da lámpada, e é por iso que San Benitiño ten fama de milagreiro.

As persoas acoden a visitar a San Benito para a curación especialmente de enfermidades cutáneas e famoso pola desaparición das verrugas

Todo iso vai acompañado da festa popular no exterior do Mosteiro; a xente leva a comida, e tamén poden verse barcos engalanados para a ocasión, polo río Lérez. Todo isto acompañado de música, gaiteiros e por suposto, as verbenas co seu baile á noite.

Foto: Wikipedia / Juanjo Mejuto

Non hai galego, e moito menos pontevedrés, que non coñeza o texto da seguinte canción popular:

“Se vas a San Benitiño
non vaias ao do Paredes,
que hai outro máis milagreiro
que hai outro máis milagreiro,
San Benitiño de Lérez”

Video Romaría San Benitiño 1951

Video Romaría San Benitiño actualmente

Comparte!!!

Relacionados