Proxección 1 de marzo: “En la sombra”. Cineclube Carballiño

Este venres día 1 de marzo proxectan a última película de Fatih Akin, director alemán de orixe turco. En la sombra

Obtivo o Premio á Mellor película nos Globos de Ouro. Foi escollida tamén como Mellor película nos Premios do cine alemán.

A súa  protagonista, Diane Kruger, foi premiada como Mellor actriz no Festival de Cannes.

Sinopse

A vida de Katja afúndese cando o seu marido e o seu fillo morren nun atentado con bomba. Tras o dó e a inxustiza, chegará o tempo da vinganza.

Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e as 22:30 horas en VOS, no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño.

+INFO CLICK AQUÍ

Comparte!!!

Relacionados