Un documento do Arquivo da Catedral de Ourense no Rexistro Internacional da Memoria do Mundo da UNESCO

Agora acompañará a outros textos semellantes na súa categoría de España:; como O Tratado de Tordesillas e as Capitulaciones de Santa Fe.

A importancia da documentación do arquivo da Catedral queda acreditada polo recoñecemento da Unesco inscribindo no Rexistro Internacional da Memoria do Mundo o “Mandato de Alfonso IX”, rei de León, remitindo a Alfonso, Bispo de Ourense, copia dos textos legais das Constitucións das curias rexias de 1188 e 1194 para o seu cumprimento como lexislación xeral do reino (Signatura Privilexios I nº 51).

Trátase pois, do documento máis antigo de Europa que versa sobre institucións parlamentarias.

¿En que consiste o Programa Memoria do Mundo (Memory of the World Programme)?

Trátase dun proxecto a nivel mundial impulsada en 1992 pola UNESCO, cuxa finalidade é proporcionar a custodia e o acceso do patrimonio histórico de maior transcendencia e importancia para todos os pobos do mundo, apoiando e potenciando o interese e a súa protección e defensa entre os estados.

Comparte!!!

Relacionados