Xigantes e Cabezudos

As páxinas destinadas a enriquecer a historia de Pontevedra festexan a nova publicación do investigador Leoncio Feijoo Lamas. O traballo leva por título: Los gigantes de Pontevedra; tónica habitual é a edición a cargo do autor, cando ben merecería estar subvencionada. Cobrou forma na tan senlleira Imprenta C. Peón, a mesma da que saíra un bando que dicía: Os vellos non deben de namorarse. O autor é un investigador serio, dos que non erran o tiro. A Leoncio Feijoo gústalle enfrontar coa documentación. Vótalle horas de arquivo, traballa con paciencia…

Ver+

A noite de San Xoán… A noite máis máxica

A noite de san Xoán é unha das festas antropolóxicamente máis importantes en Galicia, a noite do Lume Novo. Así por exemplo, celébrase na Coruña coas tradicionais fogueiras na praia do Orzán e na de Riazor, sendo esta a festa do san Xoán máis multitudinaria de Galicia e unha das máis multitudinarias de toda España. A noite de san Xoán na Coruña foi declarada festa de interese turístico internacional de España. Porén en todo o territorio é de tradición acender cacharelas e facer xantares populares onde as sardiñas, os cachelos…

Ver+

Festival Surfing The Lérez 2019. Pontevedra

21 – 22 de Xuño 21 de xuño de 2019 Heredeiros da Crus – Fondo Norte – Malkeda – Selvática 22 de xuño de 2019 Mushu – Basanta – Santi Araujo – Tony Lomba y Eladio Santos – Labretta Suede & The Motel Six – Sex Museum – Holywater – The Lelli’s Kellys – Rayotaser – Ortiga – Anaut – Thee Blind Crows – Familia Caamagno +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Historia das Alfombras Florais de Bueu e do Corpus

Foto: You tube No municipio de Bueu, a celebración da festa do Corpus remóntase ao século XVII. A partir da documentación máis antiga atopada na parroquia –libros da Confraría do Santísimo Sacramento dende 1740-  dedúcese que xa existía con anterioridade. Durante todo este tempo, a procesión que se realiza despois da misa evolucionou moito, tanto no seu percorrido como nos elementos empregados na mesma. Nun principio, o Santísimo limitábase á igrexa, onde había rodas de adoración por parte dos fregueses. Despois, esta ampliouse cunha procesión arredor do adro da igrexa,…

Ver+

A xunta de goberno local aprobou hoxe a contratación de artistas, infraestruturas para as Festas de Ourense

A xunta de goberno local do Concello de Ourense, constituída esta mesma mañá, aprobou os seus primeiros acordos nunha sesión extraordinaria e urxente celebrada ás 12:30 horas que tiña como finalidade completar trámites necesarios para a realización das Festas de Ourense 2019. Concretamente, aprobou a contratación dos grupos Marea e Izal, así como da cantante Aitana, que actuarán na explanada de Expourense os días 27, 28 e 29 de xuño respectivamente. Na mesma sesión, a xunta de goberno local aprobou a adxudicación da subministración, en réxime de alugueiro, das infraestruturas…

Ver+

Actividades deportivas na semana das Festas de Ourense

O Consello Municipal de Deportes de Ourense (CMD) presentou o programa de actividades e calendario de competicións deportivas para o programa das Festas de Ourense, que transcorre desde o 22 até o 30 de xuño. Durante os nove días festivos, o Concello de Ourense aposta por eventos culturais e deportivos nas rúas e instalacións deportivas da nosa cidade. En total, son 15 as modalidades deportivas incluídas no programa, desde as máis populares ás menos visibles ao gran público: kickboxing, wushu, natación sincronizada, hóquei, fútbol, vólei praia, chave, xadrez, atletismo, fútbol…

Ver+

Festa das Alfombras Florais de Bueu

22 – 23 de xuño A programación inclúe música da man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e a orquestra Johnny Maquinaria, ademais dos tradicionais actos relixiosos e os tapices florais inspirados na música O Concello de Bueu solicitou o deseño do cartel ao artista local Luís Davila, quen o define como “unha composición tipográfica, de vertente pictórica que lembra o espírito das alfombras” Máis de cincuenta alfombras encherán de cor e arte as rúas da vila de Bueu con motivo da celebración da Festa das Alfombras do Corpus,…

Ver+

Celebración do Días das Letras Galegas cos escolares en Ourense

A Concellería de Educación do Concello de Ourense celebrou esta mañá o Día das Letras con escolares dos centros educativos na Praza de San Martiño coa representación do espectáculo homenaxe a Antón Fraguas “Os romeiros do caracol”,  de Fantoches Baj, e a entrega de premios do VII Certame de Microrrelato online. O certame, que ten como obxectivo fomentar o uso do galego a través da capacidade creativa dos escolares, tivo este ano tivo por tema “As Mulleres en Galicia”, e contou coa participación de 35 traballos de 8 centros de…

Ver+