Festival Surfing The Lérez 2019. Pontevedra

21 – 22 de Xuño 21 de xuño de 2019 Heredeiros da Crus – Fondo Norte – Malkeda – Selvática 22 de xuño de 2019 Mushu – Basanta – Santi Araujo – Tony Lomba y Eladio Santos – Labretta Suede & The Motel Six – Sex Museum – Holywater – The Lelli’s Kellys – Rayotaser – Ortiga – Anaut – Thee Blind Crows – Familia Caamagno +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

A xunta de goberno local aprobou hoxe a contratación de artistas, infraestruturas para as Festas de Ourense

A xunta de goberno local do Concello de Ourense, constituída esta mesma mañá, aprobou os seus primeiros acordos nunha sesión extraordinaria e urxente celebrada ás 12:30 horas que tiña como finalidade completar trámites necesarios para a realización das Festas de Ourense 2019. Concretamente, aprobou a contratación dos grupos Marea e Izal, así como da cantante Aitana, que actuarán na explanada de Expourense os días 27, 28 e 29 de xuño respectivamente. Na mesma sesión, a xunta de goberno local aprobou a adxudicación da subministración, en réxime de alugueiro, das infraestruturas…

Ver+

Danza no Claustro de San Francisco nesta semana. Ourense

O Claustro de San Francisco acolle, o xoves e o venres desta semana, a sétima edición de ‘Danza no Claustro’, unha proposta escénica exclusiva na que artistas internacionais e locais habitarán este espazo gótico, e compartindo os seus coñecementos e experiencia. Organizado por Erick Jiménez e Maruxa Salas (Solodos) e coa colaboración da Concellería de Cultura, os espectáculos serán ás 20:30 horas con acceso aberto e gratuíto. En total, son sete as compañías que participarán no Danza no Claustro 2019. Proveñen de España, Portugal, México e Costa Rica, e entre…

Ver+

Festa das Alfombras Florais de Bueu

22 – 23 de xuño A programación inclúe música da man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e a orquestra Johnny Maquinaria, ademais dos tradicionais actos relixiosos e os tapices florais inspirados na música O Concello de Bueu solicitou o deseño do cartel ao artista local Luís Davila, quen o define como “unha composición tipográfica, de vertente pictórica que lembra o espírito das alfombras” Máis de cincuenta alfombras encherán de cor e arte as rúas da vila de Bueu con motivo da celebración da Festa das Alfombras do Corpus,…

Ver+

Actividades para festexar as Letras Galegas no Concello de Bueu

O Concello de Bueu (coa colaboración da Comisión de Festas Patronais de Cela, a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura e Turismo) organiza este xoves, 16 de maio, ás 21.30 h “Sons no Eirado”, co que se potenciará a cultura e tradición musical galega. O programa arrancará coa actuación de Blues do País, dúo formado por Bieitta James e Pepe King que unirán as raíces do blues e soul americano coa música galega. Ás 23 h será a quenda da banda Xangai, un grupo no que conflúen nomes…

Ver+

Espectáculo ‘Raulidad virtual’, e gravación de ‘Malo será’, nesta semana no Auditorio de Ourense

O humor protagonizará esta semana a programación do Auditorio con dous espectáculos que lle achegarán ao público ourensán o talento de intérpretes tan populares como Xose Antonio Touriñán ou Raúl Pérez. O xoves, o espazo municipal acollerá a gravación de “Malo será”, un programa de humor que se grava nos grandes teatros de Galicia, con público en directo. Consiste nunha sucesión de sketches sobre temas universais, con acenos ás distintas localidades e protagonizados por un elenco de actores e actrices de Galicia, que lidera Marta Doviro, coa compaña dunha banda de música…

Ver+

Proxeccións Cine Clube Carballiño 17 e 19 de Maio

Venres día 17 de maio ;  unha das películas máis fermosas desta tempada, a xaponesa Un asunto de familia, de Hirokazu Koreeda. Obtivo a Palma de Ouro á Mellor película no pasado Festival de Cannes, foi nominada aos premios Oscar deste ano e un sinfín de premios e nominaciones máis que dan conta da súa calidade. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS.  Domingo día 19; remata o ciclo do 50 aniversario cunha obra mestra da década dos 2000, 21 gramos. Considerada por moitos como a mellor película…

Ver+