Entre os días 3 e 6 de maio desenvolveranse en Allariz unha nova edición das Xornadas dos Oficios do Coiro. Un encontro que reúne a profesionais, estudantes e afeccionados, que fai posible xuntar as diferentes disciplinas no oficio. No marco da sétima edición realizaranse actividades como obradoiros, demostracións, exposicións e charlas que terán lugar en diferentes espazos da vila. O 3 de maio, ás 20’30h na sala “A Paneira” inaugúrase a exposición “Cada un ve o que sabe” de Juan García Olmedo (Córdoba), unha colección de pezas tridimensionais realizadas coa técnica de “ cuir bouilli”…
Ver+Etiqueta: Museo do Coiro Allariz
Cambios de horarios nos Museos Municipais de Allariz
Os museos de Allariz reabren as súas portas este sábado 9 de febreiro logo dun parón para mantemento e mellora. O Museo Galego do Xoguete, o Museo da Moda de Allariz e o Museo do Coiro mudarán o seu horario a partir deste mes de febreiro e abrirán sábados, domingos e festivos de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 19:00h. Na tempada alta, en verán (xullo e agosto) e durante a Semana Santa e as pontes festivas, os horarios amplían os seu horario para atender a maior demanda e abrirán…
Ver+Os Museos de Allariz pechan ata febreiro por vacacións e mantemento
A rede museística de Allariz, composta polo Museo do Coiro, Museo da Moda e Museo Galego do Xoguete, pecha durante un mes por vacacións e para acometer, como é habitual nestas datas, labores de acondicionamento. O peche comezaba o 7 de xaneiro, e rematará o 7 de febreiro cando os museos voltarán a abrir as súas portas co seguinte horario: venres de 17:00h a 19:00h e sábados, domingos e festivos de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 19:00h. Fonte: Concello de Allariz
Ver+